A cidade de Lugo

Lugo é unha cidade moi accesible ao visitante. Sobre todo o seu caso histórico onde podemos visitar prácticamente todos os monumentos que se sitúan nun espazo asumible para calquer desprazamento, con boa pavimentación, rúas peatonais e total ausencia de barreiras arquitectónicas.

Como chegar

Organismos públicos

Urxencias

Ver detalles
Que é Auxilia?
Auxilia Lugo é unha entidade de voluntariado e sen ánimo de lucro que traballa pola NORMALIZACIÓN da vida das persoas con discapacidade física. Fúndase en Lugo no ano 1972.
 
Por qué actuamos?
O noso obxectivo é que todas as persoas con discapacidade poidan compartir os mesmos espazos de convivencia có resto da poboación: o espazo físico, o educativo, o laboral, o de lecer, etc. O noso lema é: “Por aquí movémonos tod@s”.
 
Que facemos?
Temos catro proxectos básicos:
•   A eliminación de barreiras arquitectónicas e o impulso do turismo accesible. Creamos e actualizamos a guía de accesibilidade de internet www.lugoaccesible.com
•   O reforzo da autonomía persoal e social e a atención á dependencia. Asesoramos e orientamos sobre: prestacións económicas, vivenda, transporte, educación, lecer e tempo libre, etc. Informamos especialmente sobre a “Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia”.
•   A promoción socio-cultural e o fomento do voluntariado. Realizamos campañas de sensibilización e charlas en centros educativos. Fomentamos o goce da oferta cultural.
•  A consolidación da vida asociativa e das relacións co entorno: o ocio integrador. Aproveitamos o contorno lúdico normalizado para abordar habilidades sociais. Intentamos fortalecer os lazos entre as asociadas e asociados e o apoio mutuo.

As nosas oficinas están na casa de Clara Campoamor, local 4 – Avenida Infanta Elena, 11. 27003 – Lugo

Contacta

Fainos chegar as túas suxestións

Podes cubrir o formulario,
enviarnos un email a: auxilia@lugoaccesible.com
a: lugo@auxilia.es
ou chamarnos por teléfono ao: 982 202 307