Probablemente, xunto co Parque de Rosalía De Castro, o mellor paseo de zona verde que temos na cidade.
Exténdese dende a Ponte Romana ata a Fábrica da Luz por unha pavimentación de formigón ben compactado ao carón da veira do Río Miño. Ao final, fronte á Fábrica da Luz ábrese a pasarela colgante sobre o Río Miño que nos leva ata o barrio de San Lázaro. A Ponte Romana e o seu entorno teñen boa pavimentación.
Para acceder hai que baixar ata a ribeira do Miño e para facelo accédese ben dende o centro de Lugo a través da rúa Santiago os ben dende a Nacional VI.
Accesibilidade:
Itinerario completamente accesible con prazas reservadas para aparcamento de persoas con mobilidade reducida.
