Zona de aparcamento ampla con prazas reservadas.
Acceso ao hotel mediante rampa lateral que comunica cos ascensores que nos levan á área de recepción.
Zonas comúns amplas e con baños adaptados.
Habitacións: conta con 5 habitacións accesibles con chan de plaqueta. Alto da cama correcto. Baños: o inodoro conta cunha barra abatible lateral. Falta barra de suxeición. A ducha ten un plato de 7 cm de altura e conta con asento abatible e sen barras de suxeición.
Conta con cafetería e comedor con amplos espazos.
Ten unha zona de xardín cunha parte con boa pavimentación para pasear.
Neste balneario atópanse as Termas Romanas de Lugo que son parcialmente visitables.
- Rúa Camiño do Balneario, s/n
- https://balneariodelugo.com/gl/
- balneario@balneariodelugo.com
- 982 22 12 28
