O casco histórico da cidade de Lugo está situado sobre un promontorio onde anteriormente se ubicaba a cidade romana altoimperial. Pasear sobre as súas rúas é facelo sobre a vella Lucus Augusti ou sobre a interminable sucesión de momentos históricos e culturais que viviu a cidade dende hai 200 anos.
O centro histórico é moi accesible, con rúas planas e de boa pavimentación onde prácticamente non hai ninguna barreira ou obstáculo.
As distancias entre os monumentos e museos son escasas e todo elo convida a pasear relaxadamente polas nosas rúas, facer compras no comercio tradicional, beber uns viños ou comer nas numerosas terrazas, bares, cafeterías e restaurantes que nos atopamos polo camiño e que fan xustiza a aquel vello eslogan que se atopaba nas estradas de España…”E para comer, Lugo”.

Na Praza de Abastos pódese entrar polo calexón que existe á esquerda da fachada principal, entre a praza e o edificio Abanca.

Na rúa Quiroga Ballesteros a Praza baixa de Abastos é completamente accesible.