Creouse o 19 de novembro de 1932, pero non abriu ó público ata o 10 de xaneiro de 1934 no Pazo de San Marcos (hoxe en día sé da Deputación Provincial).
En 1957, a Deputación adquiriu o Convento de San Francisco, restaurouno e converteuno na sé do Museo Provincial.
Do antigo convento só se conserva a cocina, preparada para ensinar como a tradicional
“lareira”galega e o comedor adornado cunha rica colección de imaxinería popular.
É moi interesante a colección de orfebrería
prerromana, na que se expoñen os colares de ouro de Burela e Viladonga; diademas e brazaletes e o curioso tesouro do Carneiro
Alado, de inspiración oriental.
Conta cunha interesante pinacoteca con obras de autores galegos, óleos do século XV-XVIII e outros cadros dos séculos XIX-XX.
En canto á escultura destacan as pezas de heráldica, retablos barrocos e tallas; e destacable é tamén a súa colección de cerámica de Sargadelos, a colección de numismática que recolle moedas desde a época romana ata os nosos días e os seus múltiples reloxos de sol.
Accesibilidade
Accesible pola súa fachada principal sita na Praza da Soidade por un itinerario accesible que parte tanto da Rúa Nova como da Praza de Santo Domingo. Comunicado por rampas e non presenta ningún problema de accesibilidade. Dentro do claustro é accesible. Distintas estancias son accesibles. Hai comunicación vertical polos distintos pisos. Conta con baños adaptados. O Museo prevé recursos para atender ao resto das distintas discapacidades.
Horario
Horario de verán (01/06 ao 14/10):
Luns a venres: 9.00 a 21.00 h
Sábado: 10:30 a 14:00 h / 16:30 a 20:00 h
Domingos e festivos: 11:00 a 14:00 h
Horario Nadal (20/12 ao 06/01):
Luns a venres: 9.00 a 21.00 h
Sábado: 10:30 a 14:00 h / 16:30 a 20:00 h
Domingos e festivos: 11:00 a 14:00 h
24, 25, 31 decembro, 1 e 6 xaneiro: pechado
É preciso realizar reserva previa por teléfono (dende 1h antes) ou email (dende 24h antes)
Horario Semana Santa:
Luns a venres: 9.00 a 21.00 h
Sábado: 10:30 a 14:00 h / 16:30 a 20:00 h
Domingos e festivos: 11:00 a 14:00 h
Visita libre: aforo de 10 persoas
Visita grupos: aforo máximo de 6 persoas
Horario Inverno (15/10 ao 31/05):
Luns a venres: 9.00 a 21.00 h
Sábado: 10:30 a 14:00 h / 16:30 a 20:00 h
Domingos e festivos: 11:00 a 14:00 h
Teléfono: 982.242.112
Ubicación
Ver en Google Maps