Praza adoquinada. Exténdese un itinerario accesible dende a Rúa Quiroga Ballesteros ata a Rúa Nova. Nesta praza atópase o Museo Provincial de Lugo que é completamente accesible mediante rampas que enlazan co itinerario accesible da praza. No seu interior é accesible en todas as súas estancias e o claustro. Con baños adaptados. Oferta actividades e conta con recursos para os diferentes tipos de discapacidades sensoriales e intelectuales. Na mesma Praza da Soidade atópase a Capilla Renacentista da Soidade pertencente á venerable Orden Terceira Franciscana. Normalmente atópase pechada ao público pero pódese concertar cita de visita. Existe un pequeno escalón de entrada co cal é practicable con axuda. Tamén se atopa ao lado do Museo Provincial a Igrexa Gótica de San Pedro do século XIII. Unha das máis formosas da cidade e que se caracteriza pola boa acústica que ten. Boa accesibilidade.
