A Muralla posee unha planta cadrada irregular de algo máis de 2 kilómetros de perímetro, cos ángulos moi redondeados e a súa altura media xira entorno a 12 metros.
Pódese contemplar fácilmente os setenta e dous (72) cubos semicilíndricos en bon estado e oito seccionados; outros cinco desapareceron, que suman en total os oitenta e cinco cubos que tiña o monumento orixinalmente.
Sobre cada un destos cubos construíase un torreón de dous o tres pisos e catro ventás en cada un; aínda que na actualidade só se conserva a parte exterior dun deles, na zona coñecida como a Mosqueira.
O conxunto defensivo, considerado o mellor conservado do mundo desta época, construíuse no século III baixo as pautas que Marco Vitrubio citou no seu tratado “Arquitectura”, para a defensa da cidade contra os ataques inimigos.
A pizarra e a sillería en granito son os principais materiais utilizados na súa construcción.
Orixinalmente só tiña catro portas: San Pedro ou Toledana, Nova ou da rúa Nova, Santiago ou do Postigo e Miñá ou do Carme, estas dúas últimas son as mellor conservadas.
Algúns expertos indican a existencia da Porta Falsa nesta época.
No século XVIII xa era lugar de paseo, e nesta época o goberno local, debido a súa pouca recadación, aforou os vanos existentes entre os cubos, cunha renda anual de catro reais cada un que outorgaba licencia para construir vivendas particulares con horta.
En 1921 foi declarada Monumento Nacional, pero as casas que o monumento tiña adosadas non se eliminan ata os anos 70 co plan “Muralla limpia”. Finalmente no ano 2000 a UNESCO declara o monumento como Patrimonio da Humanidade, logrando así o recoñecemento mundial.
Accesibilidade
A Muralla é principalmente accesible por un ascensor ubicado nos xardíns públicos da Deputación Provincial de Lugo que nos sube ao adarve. A ubicación do ascensor é accesible por 3 rúas completamente planas e libres de barreiras.
Unha vez na Muralla, pódese recorrer de forma autónoma o tramo que cunha lonxitude ao redor de 600/700 metros vai dende os xardíns da Deputación de Lugo ata a Porta de San Pedro. Pódese completar o resto do recorrido polo adarve con apoio dunha 3ª persoa debido ás irregularidades do terreo.
Á altura da Praza de Pío XII diante da Catedral de Lugo pódese acceder por unha rampa á Muralla pero necesítase axuda de outra persoa pola elevada pendente e mala pavimentación.
Horario
Acceso libre a calquera hora.
Ubicación
Ver en Google Maps
