Probablemente, xunto co Parque de Rosalía De Castro, o mellor paseo de zona verde que temos na cidade. Exténdese dende a Ponte Romana ata a Fábrica da Luz por unha pavimentación de hormigón ben compactado ao carón da veira do Río Miño. Ao final, fronte á Fábrica da Luz ábrese a pasarela colgante sobre o Río Miño que nos leva ata o barrio de San Lázaro. Itinerario completamente accesible con prazas reservadas para aparcamento de persoas con mobilidade reducida.
